Aspectos legais sobre a
Orientación:
Orde Orde do 24 de
xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da
orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada
polo Decreto 120/1998
Artigo 9º.-Composición
do Departamento de Orientación.
O departamento de
orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de
educación primaria terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto
120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo do establecido no
segundo parágrafo do apartado tres do artigo 3º da presente orde.
a) O xefe do
departamento de orientación, que será un funcionario ou funcionaria do corpo de
mestres, preferentemente en
posesión da titulación do título de doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou
en psicoloxía, ou en
filosofía e ciencias da educación (especialidades de psicoloxía ou ciencias da
educación) ou en filosofía e
letras (especialidades de pedagoxía ou psicoloxía)
b) O profesor ou
profesora de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe, que exercen a
función de apoio á atención do
alumnado con necesidades educativas especiais.
c) Os coordinadores de
ciclo e, se é o caso, un mestre de educación infantil, designado pola
dirección, por proposta da comisión de
coordinación pedagóxica.
d) O mestre responsable
ou o director dos colexios incompletos da zona de escolarización que se determinen.
Artigo 10º.-Funcións do
Departamento de Orientación.
Son competencia do
departamento de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e de
educación primaria as funcións seguintes:
a) Valora-las
necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu
contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de
intervención.
b) De acordo coas
directrices establecidas no plan de orientación deseñado conforme o que se
establece no artigo 13º da presente orde e da comisión de coordinación
pedagóxica do centro, elabora-las propostas do plan de orientación académica e
do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e
cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o
desenvolvemento deste plan.
c) Participar na
elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do
centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a
atención á diversidade do alum nado e nos principios de avaliación formativa e,
cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.
d) Deseñar accións
encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de
desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables
como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.
e) Participar na avaliación
psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e
desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
f) Facilitarlle á
comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado
poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior
dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a
resolución de conflictos de relación interpersoal.
g) Impulsa-la
participación do profesorado en programas de investigación e innovación
educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de
ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en
calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación.
h) Cooperar cos membros
dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación
de programas de intervención.
i) Co obxecto de
potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o
centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos:
estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e de
autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e
aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.
l) Establecer canles de
comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas
competencias.
m) Aqueloutras que a
Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.
Artigo 11º.-Funcións da
xefatura do departamento.
1. Sen prexuízo do
establecido no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, do regulamento orgánico das
escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os xefes ou
xefas dos departamentos de orientación dos ditos centros terán as seguintes funcións:
a) Dirixir e
coordina-las actividades e actuacións propias do departamento de orientación.
b) Responsabilizarse da
redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu
cumprimento e elabora-la memoria final de curso.
c) Representa-lo
departamento na comisión de coordinación pedagóxica.
d) Convocar e
presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter
extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente.
e) Asistir ás reunións
convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de
educación secundaria ó que está adscrito.
f) Velar pola
confidencialidade dos documentos, se é o caso.
g) Coordina-la
organización de espacios e instalacións para a orientación, así como a
adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso
correcto e conservación.
h) Realiza-las
avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que
se indican no artigo 4 a )
do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das
medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios
establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse da
elaboración do informe psicopedagóxico.
i) Coordinar, en
colaboración cos profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con
necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a
proposta de organización da docencia para este alumnado.
l) Participar nas
sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións
conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas.
m) Aqueloutras funcións
que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario